domingo, 9 de diciembre de 2007

CHERNOBYL

O 26 de abril do 1986 sobre unha localidade ucraniana se produciría unha das maiores catástrofes radiactivas da historia de humanidade. No reactor 4 da central nuclear de Chernobyl unha explosión equivalente a 500 bombas arroxadas en Hiroshima produciría unha nube tóxica que contaminaria Bielorrusia, Rusia e parte de Europa.
As consecuencias deste desastre foron ecónomicas, pero sobre todo humanas con secuelas que aínda están presentes hoxe en día. As mortes da catatástrofe, tanto as ocorridas pola explosión como polas consecuencias ca nube radiactiva, cóntanse en milleiros, e as víctimas que lograron sobrevivir mostran doenzas que os acompañarán toda a súa vida.
Os científicos aseguran que os residuos radiactivos existentes producirán un indice maior de casos de cáncer e malformacións conxénitas nas rexións afectadas e engaden que estes efectos na poboación, na flora e na fauna bielorrusa tardarán en desaparecer centurias.





PARA SABER MÁIS:
Wikipedia
Discovery Channel
BBC Mundo

jueves, 6 de diciembre de 2007

ENFERMO O PULMÓN DO MUNDO

A selva do Amazonas está a pasar por unha difícil situación. Por un lado a sequía que lle acecha dende hai case media centuria, polo outro a deforestación, producida a meirande parte por incendios e pola tala indiscriminada de árbores, que xa arrasaron o 6% da Amazonia, o correspondente a metade de España.
As vítimas: milleiros de especies de peixes, plantas, aves, anfibios e insectos que se poderían extinguir sen telas coñecido.
Os expertos son pesimistas e auguran futuro pouco esperanzador e apuntan que a destrucción da selva do Amazonas será irreversible dentro dunha década.

sábado, 24 de noviembre de 2007

O LUME PROTAGONIZA O VERÁN DO 2006

No ano 2006 Galicia foi arrasada por unha oleada de incendios, a meirande parte deles provocados, uns intencionadamente e outros por neglixencia. Os resultados foron devastadores.

QUÉIMASE GALICIA

Con este titular arrincaban a maioría dos xornais no verán do 2006.
Moitas son as cifras que se barallan nesta catástrofe; 160 incendios, 86.300 hectáreas queimadas, 27 detidos, 99 millones de euros en perdas... pero os danos producidos tanto na flora como na fauna son incalculables.


EL PAÍS

EL MUNDO


(Imaxe aparecida en "20 minutos")

OS INCENDIOS EN GALICIA

"Galicia encabeza las estadísticas de la última década en cuanto a superficie afecta y número de incendios. En Galicia se queman, año tras año, aproximadamente el 20% de la superficie total que arde en toda España y registra el 50% de los incendios" (Greenpeace- España).

Para saber MÁIS

IMPACTO MEDIOAMBIENTAL DO DESASTRE DO PRESTIGE









Moitas foron as consecuencias do verquido. Existen estudios que amosan as secuelas que perdurarán durante moitos anos nas nosas costas e nos seus ecosistemas.

O PRESTIGE NA PRENSA ESCRITA

A meirande parte dos xornais galegos e os do resto do país recolleron a noticia da catástrofe do Prestige e ao longo destes anos veñense publicando as consecuencias daquel desastre.

Faro de Vigo

La Voz de Galicia